538 personas presas gallegas fuera de Galicia

Segundo o goberno español, das 3.066 persoas presas de orixe ou residencia habitual na Galiza que hai actualmente no estado español, 538 están están internas en cárceres de fora do país, 84 en situación de prisión preventiva e 454 penadas. Os datos figuran na resposta a unha pergunta parlamentar e o goberno non explica as razóns desta medida de dispersión.

Os datos foron facilitados polo goberno á deputada Rosana Pérez Fernández (BNG) en contestación escrita a unha pregunta formulada o pasado mes de novembro. Na súa resposta, o goberno elude mencionar as razóns en que basearon os responsábeis de Institucións Penitenciarias a decisión de dispersar persoas nacidas ou arraigadas en Galiza por diferentes cadeas do Reino de España e resolve a cuestión argumentando que “o destino dos internos a un determinado centro penitenciario está condicionado por diversos criterios que veñen previstos na normativa penitenciaria e que están ligados á resolución da clasificación penitenciaria”.

Afirmación que en absoluto esclarece unha das cuestións centrais que motivaron a pregunta parlamentar: por qué son afastadas estas persoas do seu contorno familiar e que medidas pensa tomar o goberno para correxir esa situación.

É importante salientar que esta política non se xustifica por falta de disponibilidade de prazasna Galiza  xa que o total de persoas penadas ou preventivas de orixe ou residencia galega que están actualmente en prisión (3.066 segundo os dados que facilita o propio goberno) non ultrapasa a capacidade teórica dos cárceres ubicados no país (3.105 prazas) e é claramente inferior á ocupación real (un mínimo de 4.861 persoas).

Tamén interesa subliñar que EsCULcA solicitou estes datos hai agora un ano sen obter resposta algunha do goberno.